Os alcaldes de Ames, Blas García, e de Brión, Pablo Lago, entregaron esta mañá os diplomas que acreditan o correcto aproveitamento do curso de prevención de riscos laborais en alturas e do curso de plataformas elevadoras móbiles para persoas (PEMP) aos 20 alumnos/as traballadores/as que participan no obradoiro dual de emprego Renova VI.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, asinaron un convenio polo que a entidade provincial achegará 150.000 euros para realizar as obras de ampliación do pavillón municipal de deportes de Pedrouzos, nun acto no que tamén estivo presente o deputado de Contratación Xosé Penas.
O Concello de Brión vén de incorporar hoxe a dous novos axentes ao seu corpo de Policía Local. Efrén e Manuel asinaron esta mañá o seu cargo como funcionarios do Estado, un día despois da súa gradación na XV Promoción de Policías Locais celebrado na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).